QUERÉMOSVOS VIVAS!

Xa estaba cansa. Dos golpes, dos gritos, das berras.
Abatida. De chorar, de sentir medo, de non ser ninguén.
Exhausta. De calar, de sentirme pequena, de sentirme desprotexida.
Farta. De sentir que me afogaba con so velo.
Exánime. De pensar que nunca vería unha solución.
De pensar que morría, xa estaba cansa... de CALAR.
Non sei de onde viñeron as forzas, non sei de onde saquei a coraxe, non sei nin como fun capaz de articular palabra... Mais fíxeno!
Berrei para que me escoitasen. Fixeno alto e claro. Dixen, dixenme... ata aquí!
Nunca mais me vou sentir presa de alguén. Nunca máis vou tolerar un quérote enfermizo, que me asoballa e me anula.
Iso non é amar, iso non e querer, iso non é normal. Non permitades que vos anulen, manipulen nin ultraxen.
Coa cabeza alta buscade axuda, berrade aos catro ventos o que vos fan... LOITADE.
Porque o amor é un sentimento de cariño, compaixón e alegría; e nunca será, nin debe ser, de medo, pena, choros ou golpes. Vivide libres, vivide sen ataduras.

Autora: Sofía Campos

© Todos os dereitos están reservados [GL]
© Todos los derechos están reservados [ES]

Comentarios

¡¡Clica y recibe 5€!!

Entradas populares de este blog

¿Qué voladoras elijo para hacer marcha? [opinión personal]

El tren de la felicidad.

Campeonato de Galicia júnior de clubes, A Coruña 17/05/2015